Mañá soleada de novembro; sábado. Paseo o mercado de Santiago. Os labregos, xente práctica, xente "en exterminio" ao dicir de X.M. Beiras (escoitado nunha entrevista na radio galega, 1 de novembro, na feira de Monterroso), saben reutilizar os instrumentos todos e buscarlle novas finalidades cando o tempo apreta, mentres pelexan a vida, á deriva entre o consumismo feroz que asolaga o mundo rural e unha cultura que desaparece...
No hay comentarios:
Publicar un comentario