Mostrando entradas con la etiqueta lembranzas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lembranzas. Mostrar todas las entradas

15/2/20

Xogos de infancia

Unha das lembranzas iniciais da miña infancia: véxome no patio de recreo das Carmelitas de León (chan de terra dourada); non teño máis de catro anos, e subo como unha moniña por unha estrutura curvada, de ferro pintado de vermello, estou boca abaixo... mirando para miña nai e meu irmán pequeno que agardan por min. Non teño medos... Esta nena volveu evocarme, como tantas veces fan as nenas nos parques, aquel momento...

18/1/19

A caixa das cunchas

Gardo cunchas en caixas, cunchas humildes, testemuños de camiñadas solitarias polas praias do Barbanza... polas praias todas por cantas andiven. Tamén gardo pedriñas...

8/1/10

Neve



Unha visita inesperada... abrir a persiana e atopar a neve... por riba, locía o sol... canta infancia se agolpa na memoria!!!