En definición de Montalbano, tambasiàre: pasear de cuarto en cuarto sen propósito definido, ocupándose en miudezas
29/4/07
Tambasiàre
Iso é o que fago cando quedo na casa, as máis das veces... cando teño algo de tempo para min e non teño gana de seguir na mesma (con internet levamos o traballo para a casa... ); ollar fotografías, cambiar libros dun andel para outro, procurar un verso que me asalta, amorear papeis para ordenalos en mellor ocasión, poñer crema na cara, preparar un té, ver o correo... acaba a música... cambio o disco... mentres, a ringleira dos libros por ler segue medrando...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario