15/6/07

Nocturno manchego



Hai nomes que resoan na miña mente dende a infancia, coa rotundidez do castellano, con evocadora forza literaria ou histórica... Almagro soa a Mancha, a calor, a teatro clásico español, a corral de comedias, a soidade... camiñar polas rúas dos pobos castellanos ou manchegos é camiñar polos textos que lía de nena... á noite é todo aínda máis literario.