Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas

21/1/19

Moda tradicional

Quixen sempre ter un traxe tradicional, polo momento merquei unha saia moderna, produto da "apropiación cultural"... e vou safando.

19/1/19

Mullerasas

Mulleres fortes do meu país; das que enfrontan as adversidades coma os temporais, abrighadas pero sen botarse para atrás...

10/7/12

Os zocos de Elena Ferro

Moito me gustan estes zocos de Elena Ferro, moza de Merza (Vila de Cruces), filla de zoqueiro, metida a zoqueira...  pero os meus, meus, aínda están por facer... unha, que ten os pés delicados... agora que en setembro caen, vermellos e con lazo bonito (os da foto tiñan demasiado tacón). Pero teño que ir ao taller e de paso, a ver se me deixa facerlle unhas fotos...

8/7/12

Mercado en Escairón

Un pouco de mel, uns ovos, unhas ameixas da horta... era domingo e había mercado en Escairón, provincia de Lugo... alí estaba a paciencia personificada baixo o quitasol azul... muller nova en zona que esmorece... elas seguen aguantando do mundo...

14/8/11

Espazos de feminidade



A poeta Ajo soltando "bicos" ao ar no monte Gaiás; o taller de Fara, aló na illa de Tirma, e esas mulleres fermosas nas súas risas e no seu facer que alí se reúnen; ou esa anciá que pasou unha mañá gris, hai pouco, por diante da miña fiestra... son formas distintas de estar como muller no mundo... ou non tan distintas. Son algunhas das imaxes destes días, nos que teño tempo de pararme e mirar...

17/7/11

Felicidade

Descubro o blog de Alicia Varela... unhas ilustracións exquisitas. Un placer as súas mulleres, as súas mulleres lectoras, especialmente.

13/12/10

Liliana Felipe

Non coñecía a esta muller, e foi pena non saber dela ata o de agora... porque é ben divertida... por dicir algo...

10/1/10

Maga de magas: Patti Smith


No último mes atopei o blog de Xoán Abeleira, unha fonte diaria de alimento... que agradezo.
Comparto esta súa postal sobre unha das mulleres imán que máis me gustan:

6/1/10

Lhasa de Sela, unha maga que se foi...

Lin hai uns días no diario El País sobre a morte de Lhasa de Sela, unha muller especial que un día atopei por aí... O seu disco, La Llorona falaba xustamente dun mito sobre o que eu andaba a ler entón.... Que estranos personaxes nacen da mestura de culturas... benvidos sexan!!!
Radio 3 permítenos escoitar un concerto de Lhasa do 2004

6/5/07

¡Ni sharia ni golpe!

La protesta laica tiene nombre de mujer.
Miles de turcas encabezas las manifestaciones contra la concentración de poder en manos de los islamistas.
Diario El Pais, 6 de maio de 2007.
La mañana de Ivi
Ivi se despertó
La ventana cuchillo se despertó con ella.
Primero le pasó el cielo por delante Ivi sonrión.
Las gitanas trajeron el mar sujetándolo por las cuatro esquinas
Lo enrollaron y lo dejaron.
Llegaron las ciruelas amarillas pintaron de amarillo la habitación
Ivi cogió el cielo y se fue a Estambul
La alegría se apoderó de los que veían a Ivi en Estambul
Cuanto Ivi miraba le decía dibújame
Un céntimo le dice dibuja
Pasa el viento tras chocar con la torre de Gálata
Ivi resplandece.
Ilhan Berk. Mar de Galilea.