3/4/10

Venres máis neghro aínda....

Segue o mal tempo... extraordinaria ocasión para poñer ao día lecturas atrasadas... Pasei a tarde do venres con Jan Fabel, non se me ocorría mellor compañía para unha tarde de chuvia e vento... De paso, lembrei os contos dos irmáns Grimm e algúnhas cousas interesantes sobre os mitos e a simboloxía dos contos de fadas... iso si, unha lembranza un tanto cruenta... pero a estas alturas de lectora de novela negra... xa non lle fago ascos... e paso por riba das pozas de sangue sen enchoupar os meus zapatos de gamuza azul... Cuento de muerte, de Craig Russell lese ben e garda descricións sobre a cidade de Hamburgo e a súa evolución... ben interesantes, entre moitras outras cousas. Entre outras cousas, apuntes musicais (pax. 202) un compositor finlandés para min descoñecido: Einojuhani Rautovaraa. Música excelente para a meditación e a calma...

1/4/10

Xoves "neghro"

Día de lectura "negra". Remato de ler o primeiro título de Maj Sjöwall e Per Wahlöo, parella precursora, ao parecer, dos autores suecos de novela negra que me teñen quitado o sono nos últimos dous ou tres anos (e me teñen dado tantas satisfaccións). Roseanna lina dun "trago", pero gustándoa nos detalles: chanclos!!! daquela (principios dos 60) os suecos empregaban chanclos nos días de chuvia...impresionante, cantas lembranzas grises me trouxo a palabra... e non había móbiles, as comunicacións facíanse por teléfono fixo e desde cabinas... non había correo electrónico e os envíos desde EEUU - Suecia tardaban 10 días... ou sexa, outro mundo... eso o len os que teñen menos de trinta anos e non o entenden!!! Pero eu disfruteina ben...
Á tarde, papeime os dous primeiros títulos da serie RG do autor de cómic Prederik Peeters: Ryad-Sur-Seine e Bangkok-Belleville. Gustáronme. A colaboración cun policía, Pierre Dragon permite ao debuxante adentrarse no submundo das corruptelas, os traficantes de armas, diñeiro, drogas e persoas... entre outras lindezas... Ten detalles de tenrura sorprendente, como en "Píldoras azules" que tanto me gustara... En fin, día "negro" pero feliz, á saúde dos amigos que te agasallan con estas exquisiteces...