19/7/10

Escatumbararibe

Verán... tempo de xogo e de amizade... Atopei tamén nun comentario na canle de youtube, a letra e a explicación a este vídeo:

Escatumbararibê faz parte do livro/CD/CD-Rom "Lenga laLenga: jogos de mãos e copos", publicado no Brasil pela Editora Ciranda Cultural, em Portugal pela Foco Musical e em vias de ser lançado no Uruguai pelo selo Papagayo Azul. A letra coloco abaixo. Boa brincadeira!
Escatumbararibê
Zum Zum Zum
Escatumbararibê
Escatumbararibê
Escatumbatinga
Auê sarubê abá
Escatumbararibê
Escatumbatinga.

11/7/10

Éche así a cousa...

Queda moi ben dicir que "a mín as bandeiras nin fú nin fa"... pero mira tí por onde, os símbolos son fundamentais na nosa maneira de entender o mundo e manifestarnos nel... e as colectividades funcionan arrdeor de imaxes e símbolos de moitos tipos... A mín houbérame gustado estar aí... porque é, efectivamente, un momento de saída... un momento para a historia... algo se vai mover e moi rápido a partir de aquí... estiven co corazón, acompañando ás amigas e amigos cataláns, varios e marabillosos todas, que grazas ao traballo fun facendo por esas terras: Mónica, Daniel, Mireia, Glòria, Ana María.... Pero tamén estiven atenta porque o que diga ou non diga o Constitucional... tamén nos afecta a nós, aos galegos... só que esa manifestación e "as formas" e a convicción dos que maioritariamente a integran, distan moito do que aquí pasa... Esta reportaxe do xornal El Periódico, simplemente, emocióname... Catalunya crida Prou!

3/7/10

"El caso del velo" ou cando o cómic acerta

Acabo de ler este "El caso del velo", vivamente recomendado polos meus "asesores" en banda deseñada, Mayte e Nanú.... Paréceme que este cómic tería que estar, obrigatoriamente, en todos os centros de ensino (ocórrenseme outras institucións nas que tamén deberían lelo de forma obrigatoria). Tería que poñerse como condición para aprobar as oposicións de Primaria ou de Secundaria (o mesmo que ver a cuarta temporada de The Wire).
Cando alguén é capaz de mostrar as situacións problemáticas das sociedades con este sentido do humor e este respecto ao que é respectable, é unha marabilla.