18/12/11

Outono na Ribeira Sacra III




Unha pedra é unha pedra é unha pedra...

Outono na Ribeira Sacra - II




Enchéranseme os ollos aquel día de todas as cores que van do verde ao ocre, e volven... O ciclo de vida-morte-vida manifestándose en cada curva, en cada valado, en cada recuncho, en cada socalco... e na pedra, inmóbil, o trasno que agarda...

17/12/11

Outono na Ribeira Sacra - I




Alonxarse para estar máis preto,
esquecer para lembrar máis claro,
fuxir para estar máis presente,
pechar os ollos para ver máis limpo,
perder para recuperarse...

11/12/11

Branco sobre negro

A imaxe saíume zen demais, pero é o que había... unha impresión de luz sobre area negra, dous mundos que se engarzan... e as pedras a brillar nun instante... El Puerto de Santa Cruz nun día de temporal e de soidades...

6/12/11

"Entre cartones´", poesía en pequenas doses





Hai xa unha chea de días recibín un paquete-sorpresa, un agasallo deses que che alegra o día e que fan proba da sensibilidade de quen cho envía... "Entre cartones", un libro de poesía en formato pequeno, en follas volandeiras, todas atadiñas cun cordel, con "arquivos adxuntos" dos que che poñen sorrisos nos beizos que non es quen de borrar... Micropoesías para momentos de necesidade, beleza feita a man, cousiñas desas que está a facer xente que nunca aparecerá nas mesas de novidades dos grandes almacéns, pero que se retrata en cada xesto, e aúna vontades entre lectoras que estamos a quilómetros de distancia física, pero a un paso de corazón.... Grazas, A.

7/9/11

Apenas un fío...




Ser pouco máis ca un fío de materia, pero un fío fermoso, que reflicta a luz con agradecidos matices, e despois dunha breve camiñada, deixarse ir, sen facer ruído, sen lastimar, sen montar barullo, sen facer ghasto... abandonarse e desaparecer...


4/9/11

Luz de setembro





Ese primeiros días de setembro, cando a luz se deita un pouco e todo resulta doce e suave, agás esas lembranzas que feren e a realidade social e laboral que indigna... tarde para camiñar e disfrutar en amizade...

30/8/11

Estados contemplativos





Días para mirar e mirarse dentro, que boa falta fai...
"Si pregunto a los hombres
qué es aquel cuerpo inmenso
que vibra al otro lado de los bosques,
me contestan: "el mar".
Si te pregunto qué es el mar,
me dices:
"un animal de lluvia que sin tregua recorre
la distancia infinita que de sí mismo le separa".
Quieres ponerme a prueba, pretendes confundirme.
Sé que aquel cuerpo inmenso
eres tú
cuando sales del bosque
y arrojas tu saliva sobre el mundo."
Chantal Maillard. Hainuwele

25/8/11

De libros e librerías...


"-Por qué cree que abrir una librería es inverosímil? -le gritó al viento-. ¿La gente de Hardborough no quiere comprar libros?
-Han perdido el deseo de las cosas raras -dijo Raven mientras seguía limando-. Se venden máis arenques ahumados, por ejemplo, que truchas que están medio ahumadas y tienen un sabor más delicado. Y no me diga usted que los libros no constituyen una rareza en sí mismos".
Penélope Fitzgerald. La librería.

24/8/11

Camisetas _2

Este gato vai miañar moito este outono-inverno...

Camisetas _1



Se non se ve a presentación, podes probar AQUÍ
Non lembraba eu xa que darlle á agulla era tan útil para manter á raia o mono tolo ese que temos na mente...

As facedoras de soños


Se non podes ver a presentación, proba AQUÍ

Non sei como fixeron, pero engancháronme para a secta... xuro que me resistín... pero as cores son tan lindas...

Unha viaxe en amizade


Se non podes ver a presentación, proba AQUÍ
Foron días para a amizade, para extender a mirada sobre riscos e paisaxes alleos, sobre mares de néboa e rochas silenciosas... Foron días de camiñar por rúas descoñecidas e de escoitar acentos doces e palabras novas... Días sensuais porque todos os sentidos estiveron alerta e tiveron traballo. Días para o acougo.
Ao voltar, os ecos todos foron agromando nas conversas e nos silencios, proba do pouso que deixaron...

15/8/11

Falando de perdón dos pecados e outras lerias

Moito se fala estes días de confesións e de perdóns "urbi et orbe" semprequesexasboeveñasavermeeformarpartedoespectáculoquemontamosamaiorgroriadopp. Seica deseñaron uns confesionarios modelnos de moito pistón, pero mira... onde estea un confesionario coma os de sempre, e canto máis sinxeliño, mellor... Seica hai xente que gusto dos máis requintados, que deben dar máis morbo, non sei... a min gustoume este que vin na Igrexa de Portomarín, esa que andiveron a cambiar de sitio por mor do embalse... Había anos que non ía por alí... que siniestros son, e que inquietantes, eses espazos construídos de forma artificial, esas poboacións nacidas adrede... Fáltalles algo, ese pouso que vai deixando o vivir das xentes, non sei...

14/8/11

Espazos de feminidade



A poeta Ajo soltando "bicos" ao ar no monte Gaiás; o taller de Fara, aló na illa de Tirma, e esas mulleres fermosas nas súas risas e no seu facer que alí se reúnen; ou esa anciá que pasou unha mañá gris, hai pouco, por diante da miña fiestra... son formas distintas de estar como muller no mundo... ou non tan distintas. Son algunhas das imaxes destes días, nos que teño tempo de pararme e mirar...

1/8/11

Unha de Rebus

Edimburgo, escenario das novelas de Ian Rankin
"Reconocía que él se contentaba con poco: un piso, libros, música y un coche destartalado; sabía que había reducido su vida a pura apariencia y que había fracasado rotundamente en las cosas importantes: el amor, las amistades, la vida familiar. Se le reprochaba ser un exclavo del trabajo, cosa que no era cierto. Se contentaba con aquel trabajo porque simplemente le daba la oportunidad sin gran compromiso de tratar a diario con desconocidos, gente que no significaba nada para él y en cuyas vidas podía entrar y salir con suma facilidad. Vivía las vidas de otros o parte de ellas como quien experimenta algo pasajero que dista mucho de ser tan comprometido como la vida real.
Sammy le había hecho ver el fondo de la verdad de su fracaso no como padre, sino como ser humano; que su trabajo como policía le libraba de la alienación, pero no dejaba de ser un mero paliativo a la clase de vida que habría podido tener, la vida que llevaban los demás. Aquella entrega obsesiva en los casos que investigaba apenas se diferenciaba de la obsesión de quienes coleccionan billetes de tren, cromos o discos de rock." Ian Rankin. El jardín de las sombras

25/7/11

O mar, o mar...

Cabo Ortegal, día de luz filtrada pola néboa, día para revisitar lugares fermosos dun país que se nega... Nada mellor que voltar a vista ao mar, sémpre aí.

17/7/11

Felicidade

Descubro o blog de Alicia Varela... unhas ilustracións exquisitas. Un placer as súas mulleres, as súas mulleres lectoras, especialmente.

10/7/11

Sedíame eu na ermida de San Simón....

Illa de San Simón_2
(Imaxes da illa de San Simón)
Que pracer atopar xente que traballa con entusiasmo, que comparte soños e ganas de construír, sen queixas nen lamentos innecesarios e obvios, desde a realidade...con sentido do humor, con intelixencia, con respecto... así vivín eu onte a un pequeno grupo de persoas... asistín a un encontro de constructores de soños, de editores en "linguas minorizadas", reunidos nun espazo fermoso, cargado de historia, que cómpre coidar e dar vida como "illa do pensamento" no que algúns xestores decidiron convertila... abofé que alí, é doado rillar e debullar... a illa do pensamento, mellor nome non se lle podía buscar...
Mendiño por alí sempre, cantando... "Sediame eu na ermida de San Simón/e cercáronme as ondas que grandes son/eu atendendo ao meu amigo/eu atendendo ao meu amigo".

26/6/11

A triloxía de Rosalie Blum

Un agasallo para os ollos, unha exquisitez que botarse á boca... uns libros para ter e revisar, como se teñen os bos poemarios. Porque esta Camille Jourdy, tan nova ela, afonda nos mundos da soidade e das relacións na sociedade actual, dunha forma tan lúcida, tan divertida... porque ten unha mirada tan incisiva e á vez tan doce, tan tenra... Porque se len con avidez, e deixan ganas de máis, de máis...
Porque é un exemplo da boa literatura que se está a editar en cómic...

13/6/11

Un home le...

É unha mañá fermosa e a luz entra espida desde o patio central do edificio... Mentres agarda, un home le, alleo aos movementos de compañeiros que van chegando. A escaleira é un dos espazos máis gratos para a lectura, para o recollemento, para as confidencias, para a observación... e incluso para pasmar...

5/6/11

Unha tarde en Carboeiro, unha tarde non é nada...





Fun en amizade a Carboeiro, pasar a tarde nos XII Encontros de música tradicional, que organiza a Asociación Intercultural Santa Ferreña, de Bandeira, no mosteiro de Carboeiro. Foi unha tarde fermosa, de reencontro coa música do país, feita con agarimo, con paixón, con alegría, por xentes de todas as idades e de toda condición...
Mulleres e homes, "persoas curvas", no seu corpo e na súa forma de estar no mundo. Xente humilde como os instrumentos pobres de Xavier Blanco. Xentes que pasan á acción, día a día, resistindo fronte á pretendida globalidade, que esnaquiza o diverso e anula o plural, o que une, o que se comparte, o que alegra, o que cuestiona. Xente que fala galego e llelo aprende ás súas crianzas e se enorgullece do que lle é propio e o espalla ao tempo que o cuida con agarimo.
En fin... foi unha tarde das que poñen ás nos pés e un sorriso nos beizos....

17/5/11

Do Día das Letras, de dicionarios e demais....

Hoxe foi (aínda é) o Día das Letras Galegas... de volta á casa, á noitiña, escoito na radio galega un resumo do acontecido a nivel institucional, oficial, combativo, oportunista???.... máis ca nada, para poñerme ao día, e ter conversación... Coma estes días estiven a ler un libro de Fred Vargas, "El hombre del revés", collinlle gusto a isto de xogar co dicionario, que tiña importante presenza nesta novela... e non se me ocorreu outra cousa que acudir ao ABELCEBÚ, de Carlos Negro... e buscar a palabra hipocrisía, a ver como se lle ocorrera definila ao poeta... pois si señor, moi acaida a todo o que veño de escoitar...

HIPOCRISÍA: Señora de mundo que escolle a maquillaxe máis axeitada para cada interlocutor e circunstancia.


(Por certo, a imaxe que atopo na prensa dixital, é moi expresiva... velaquí a cerimonia coa que se quere convencer ao persoal de que falar, escribir ou ler en galego é algo desexable... son eu, e escapo correndo....)