Mostrando entradas con la etiqueta Barcelona. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barcelona. Mostrar todas las entradas

7/1/12

Barcelona, xaneiro 2012 - I





Hai cidades nas que a ollada se enche de cousas fermosas... máis aló do tópico, Barcelona garda espazos de luz e espazos de sombra nunha porcentaxe asombrosa. Unha non pode senón percorrela comparando á burguesía que a fixo medrar e ser o que hoxe albiscamos, coas xentes que non fixeron máis que destruír patrimonio paisaxístico a estoutro lado do mapa... sen apenas deixar nada digno ou orixinal tralo seu paso, logo de explotar ben explotados os recursos e a quen traballou para eles.

10/4/11

un gran plan quinquenal!!!!




Perdonen que non me levante hoxe... que se o fago vai ser cun plan quinquenal semellante a este... e estouno decidindo.... (preciosas as cancións deste grupo, Manel... que me lembran ao Sisa un pouco, frescas, felices, cunha gran pizca de ironía, intelixentes, cheas de humor.... ou sexa, o que precisamos...)

11/7/10

Éche así a cousa...

Queda moi ben dicir que "a mín as bandeiras nin fú nin fa"... pero mira tí por onde, os símbolos son fundamentais na nosa maneira de entender o mundo e manifestarnos nel... e as colectividades funcionan arrdeor de imaxes e símbolos de moitos tipos... A mín houbérame gustado estar aí... porque é, efectivamente, un momento de saída... un momento para a historia... algo se vai mover e moi rápido a partir de aquí... estiven co corazón, acompañando ás amigas e amigos cataláns, varios e marabillosos todas, que grazas ao traballo fun facendo por esas terras: Mónica, Daniel, Mireia, Glòria, Ana María.... Pero tamén estiven atenta porque o que diga ou non diga o Constitucional... tamén nos afecta a nós, aos galegos... só que esa manifestación e "as formas" e a convicción dos que maioritariamente a integran, distan moito do que aquí pasa... Esta reportaxe do xornal El Periódico, simplemente, emocióname... Catalunya crida Prou!

4/3/09

Barcelona dous



Gosto de pasear por eses espacios abertos á luz, á caza de lectores.



Visita a Barcelona


Un paseo polo "mercado da Boquería", unha festa de cores, unha galopinada....
Foron tres días en Barcelona, dous adicados ás Bibliotecas Escolares, en toda a súa intensidade, en toda a súa complexidade... fermoso encontro con xentes que traballan polo mesmo que traballo eu, con educadores (especialmente elas) e bibliotecarios (tamén especialmente elas), aínda que as circunstancias sexan distintas e os problemas diversos... a procura é común e iso une e vincula. Amizade en construción.
Barcelona estaba fermosa... fiquei con fame de volver...