18/12/11

Outono na Ribeira Sacra III




Unha pedra é unha pedra é unha pedra...

Outono na Ribeira Sacra - II




Enchéranseme os ollos aquel día de todas as cores que van do verde ao ocre, e volven... O ciclo de vida-morte-vida manifestándose en cada curva, en cada valado, en cada recuncho, en cada socalco... e na pedra, inmóbil, o trasno que agarda...

17/12/11

Outono na Ribeira Sacra - I




Alonxarse para estar máis preto,
esquecer para lembrar máis claro,
fuxir para estar máis presente,
pechar os ollos para ver máis limpo,
perder para recuperarse...

11/12/11

Branco sobre negro

A imaxe saíume zen demais, pero é o que había... unha impresión de luz sobre area negra, dous mundos que se engarzan... e as pedras a brillar nun instante... El Puerto de Santa Cruz nun día de temporal e de soidades...

6/12/11

"Entre cartones´", poesía en pequenas doses





Hai xa unha chea de días recibín un paquete-sorpresa, un agasallo deses que che alegra o día e que fan proba da sensibilidade de quen cho envía... "Entre cartones", un libro de poesía en formato pequeno, en follas volandeiras, todas atadiñas cun cordel, con "arquivos adxuntos" dos que che poñen sorrisos nos beizos que non es quen de borrar... Micropoesías para momentos de necesidade, beleza feita a man, cousiñas desas que está a facer xente que nunca aparecerá nas mesas de novidades dos grandes almacéns, pero que se retrata en cada xesto, e aúna vontades entre lectoras que estamos a quilómetros de distancia física, pero a un paso de corazón.... Grazas, A.