En definición de Montalbano, tambasiàre: pasear de cuarto en cuarto sen propósito definido, ocupándose en miudezas
1/8/11
Unha de Rebus
7/5/11
Lendo a Ian Rankin - II
"Estaba en un saliente cerca de unas rocas que descendían hasta el agua: una estructura extraña en torno a la cual pastaban las ovejas. A Rebus le parecía una especie de castillo de arena gigantesco o un tiesto boca abajo, y a medida que se aproximaban juzgó que tendría unos trece o quizá diecisiete metros de diámetro en la base y que estaba construido con grandes piedras planas, miles de piedras.Viaxo ás illas Shetland sen moverme da cama. Un exemplo de lectura híbrida. Un exemplo de viaxe literaria. Ou tamén, un exemplo de por que amo a literatura.
Lendo a Ian Rankin - I
3/4/10
Venres máis neghro aínda....
Segue o mal tempo... extraordinaria ocasión para poñer ao día lecturas atrasadas... Pasei a tarde do venres con Jan Fabel, non se me ocorría mellor compañía para unha tarde de chuvia e vento... De paso, lembrei os contos dos irmáns Grimm e algúnhas cousas interesantes sobre os mitos e a simboloxía dos contos de fadas... iso si, unha lembranza un tanto cruenta... pero a estas alturas de lectora de novela negra... xa non lle fago ascos... e paso por riba das pozas de sangue sen enchoupar os meus zapatos de gamuza azul... Cuento de muerte, de Craig Russell lese ben e garda descricións sobre a cidade de Hamburgo e a súa evolución... ben interesantes, entre moitras outras cousas. Entre outras cousas, apuntes musicais (pax. 202) un compositor finlandés para min descoñecido: Einojuhani Rautovaraa. Música excelente para a meditación e a calma...1/4/10
Xoves "neghro"
Día de lectura "negra". Remato de ler o primeiro título de Maj Sjöwall e Per Wahlöo, parella precursora, ao parecer, dos autores suecos de novela negra que me teñen quitado o sono nos últimos dous ou tres anos (e me teñen dado tantas satisfaccións). Roseanna lina dun "trago", pero gustándoa nos detalles: chanclos!!! daquela (principios dos 60) os suecos empregaban chanclos nos días de chuvia...impresionante, cantas lembranzas grises me trouxo a palabra... e non había móbiles, as comunicacións facíanse por teléfono fixo e desde cabinas... non había correo electrónico e os envíos desde EEUU - Suecia tardaban 10 días... ou sexa, outro mundo... eso o len os que teñen menos de trinta anos e non o entenden!!! Pero eu disfruteina ben...27/4/09
Novela negra

La última caravana, Raúl Argemi, Edebe
Expedientes, Kate Atkinson, Circe
El dramaturgo, Ken Bruen, Via Magna editorial
Ardores de agosto, Andrea Camilleri, Salamandra editorial.
Un hombre intachable, Christian von Dirfurth. Pamies editorial.
Asi murió el poeta Guadalupe, Cristina Fallarás, Alianza.
Contrarreloj, Eugenio Fuentes, Tusquets
Los espías de Varsovia, Alan Furst, Seix Barral
El silencio de los claustros, Alicia Giménez Bartlett, Destino.
No hay que morir dos veces, Francisco González Ledesma, Planeta
Disparen sobre el pianista, David Goodis, RBA Serie Negra
El baile ha terminado, Julián Ibáñez, Roca Editorial
Garden of Love. Marcus Malte, Alea-Paidos
Mans LLiures, Jordi de Manuel, Edicions 62.
Muerte en Estambul, Petros Markaris, Tusquets
Corpus Delicti, Andreu Martín, Verticales de bolsillo
Muerte dulce, Félix G. Modroño, Algaida
Codex 10, Eduard Pascual, Roca editorial
La mala dona, Marc Pastor, La Magrana
El cielo llora por mi, de Sergio Ramírez, Alfaguara
Murió con los ojos abiertos, de Derek Raymond, Ámbar ediciones
Guantes de seda, Julio Manuel de la Rosa, Algaida
La llave que te dí, Agustín Santos, Brosquil ediciones
Lo contrario de la muerte, Roberto Saviano, Debate
Los secretos de Oxford, de Dorothy L. Sayers, Lumen
El fantasma de Stalin, de Martín Cruz Smith, Emecé.
Los crímenes de Ardeshir Villa, Kalpana Swaminathan, Siruela
Guiso caníbal, Ross Thomas, Alea-Paidos
El poder del perro, Don Winslow, Mondadori
Eu veño de rematar a lectura de Muerte en Estambul, de Petros Márkaris. Son xa unha adita a este escritor griego, pero de todos os que lle lin, foi este o que máis me gustou. Admiro a súa capacidade para construír unha historia con elementos aparentemente sinxelos e mesmo comúns, e levarnos da man a coñecer (ou espertar a curiosidade sobre....) unha parte da historia (nesta ocasión a dos conflictos entre Grecia e Turquía) que para min, cando menos, resulta totalmente lonxana.
Lin xa, tamén, Ardores de agosto, de Andrea Camilleri... aínda que me segue a gustar moito a serie de Montalbano, este non foi dos que máis me convenceu. O Salvo vaise facendo maior e mete a gamba máis do que parece creíble... será cousa de ver como arranxa, no próximo, os seus conflictos éticos do comisario.
Do resto da lista non teño moito idea... haberá que botarlle unha ollada...
