En definición de Montalbano, tambasiàre: pasear de cuarto en cuarto sen propósito definido, ocupándose en miudezas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
12/12/25
Río acima
Tras varios días de chuvia intensa fun camiñar pola beira do río, cámara en man, polo simple goce de mirar e sentir o fresco na cara. Momento zen a carón da auga.
19/1/19
Mullerasas
Mulleres fortes do meu país; das que enfrontan as adversidades coma os temporais, abrighadas pero sen botarse para atrás...
24/2/13
Praza da Quintana mollada pola chuvia
"Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa."
Rosalía de Castro. Cantares Gallegos
10/7/12
Os zocos de Elena Ferro
Moito me gustan estes zocos de Elena Ferro, moza de Merza (Vila de Cruces), filla de zoqueiro, metida a zoqueira... pero os meus, meus, aínda están por facer... unha, que ten os pés delicados... agora que en setembro caen, vermellos e con lazo bonito (os da foto tiñan demasiado tacón). Pero teño que ir ao taller e de paso, a ver se me deixa facerlle unhas fotos...
8/7/12
Mercado en Escairón
Un pouco de mel, uns ovos, unhas ameixas da horta... era domingo e había mercado en Escairón, provincia de Lugo... alí estaba a paciencia personificada baixo o quitasol azul... muller nova en zona que esmorece... elas seguen aguantando do mundo...
19/3/12
Apenas un instante...
É apenas unha luz presentida, un instante, un aviso de que "aí" hai algo, e entón enfoco e oprimo o disparador... Non é perfecta seguramente, pero é unha percepción miña detida no tempo... esa conexión con outras imaxes vividas, esas asociacións ás veces ocultas, ás veces evidentes para min xa desde o inicio... Neste caso foi a nube reflectida na auga a que me moveu a disparar, pero agora vexo esas árbores trémulas e paréceme unha pintura, unha acuarela na lámina de auga do río Ulla, a recoller a luz da tarde... e non me decepciona...
Por terras rosalianas...
Tarde de primavera por terras de Padrón: as pesqueiras da lamprea, Santa María de Herbón, esa fermosa igrexa románica aínda descoñecida para min... O Ulla baixaba quedo e o sol quentaba a modo... todo placidez para un día de agasallo...
22/2/12
18/12/11
Outono na Ribeira Sacra - II
17/12/11
4/9/11
Luz de setembro
30/8/11
Estados contemplativos
"Si pregunto a los hombres
qué es aquel cuerpo inmenso
que vibra al otro lado de los bosques,
me contestan: "el mar".
Si te pregunto qué es el mar,
me dices:
"un animal de lluvia que sin tregua recorre
la distancia infinita que de sí mismo le separa".
Quieres ponerme a prueba, pretendes confundirme.
Sé que aquel cuerpo inmenso
eres tú
cuando sales del bosque
y arrojas tu saliva sobre el mundo."
Chantal Maillard. Hainuwele
15/8/11
Falando de perdón dos pecados e outras lerias
25/7/11
10/7/11
Sedíame eu na ermida de San Simón....
![]() |
| Illa de San Simón_2 |
(Imaxes da illa de San Simón)
Que pracer atopar xente que traballa con entusiasmo, que comparte soños e ganas de construír, sen queixas nen lamentos innecesarios e obvios, desde a realidade...con sentido do humor, con intelixencia, con respecto... así vivín eu onte a un pequeno grupo de persoas... asistín a un encontro de constructores de soños, de editores en "linguas minorizadas", reunidos nun espazo fermoso, cargado de historia, que cómpre coidar e dar vida como "illa do pensamento" no que algúns xestores decidiron convertila... abofé que alí, é doado rillar e debullar... a illa do pensamento, mellor nome non se lle podía buscar...
Mendiño por alí sempre, cantando... "Sediame eu na ermida de San Simón/e cercáronme as ondas que grandes son/eu atendendo ao meu amigo/eu atendendo ao meu amigo".
Que pracer atopar xente que traballa con entusiasmo, que comparte soños e ganas de construír, sen queixas nen lamentos innecesarios e obvios, desde a realidade...con sentido do humor, con intelixencia, con respecto... así vivín eu onte a un pequeno grupo de persoas... asistín a un encontro de constructores de soños, de editores en "linguas minorizadas", reunidos nun espazo fermoso, cargado de historia, que cómpre coidar e dar vida como "illa do pensamento" no que algúns xestores decidiron convertila... abofé que alí, é doado rillar e debullar... a illa do pensamento, mellor nome non se lle podía buscar...
Mendiño por alí sempre, cantando... "Sediame eu na ermida de San Simón/e cercáronme as ondas que grandes son/eu atendendo ao meu amigo/eu atendendo ao meu amigo".
5/6/11
Unha tarde en Carboeiro, unha tarde non é nada...
Fun en amizade a Carboeiro, pasar a tarde nos XII Encontros de música tradicional, que organiza a Asociación Intercultural Santa Ferreña, de Bandeira, no mosteiro de Carboeiro. Foi unha tarde fermosa, de reencontro coa música do país, feita con agarimo, con paixón, con alegría, por xentes de todas as idades e de toda condición...
Mulleres e homes, "persoas curvas", no seu corpo e na súa forma de estar no mundo. Xente humilde como os instrumentos pobres de Xavier Blanco. Xentes que pasan á acción, día a día, resistindo fronte á pretendida globalidade, que esnaquiza o diverso e anula o plural, o que une, o que se comparte, o que alegra, o que cuestiona. Xente que fala galego e llelo aprende ás súas crianzas e se enorgullece do que lle é propio e o espalla ao tempo que o cuida con agarimo.
En fin... foi unha tarde das que poñen ás nos pés e un sorriso nos beizos....
21/4/11
Capela kitsch...
Ou sexa, se non podemos ir a Lourdes, montamos unha sucursal no medio e medio da vila... non sexa que alguén quede con ghanas...
Cando vexo estas cousas, o meu ánimo anda confuso entre a respecto, a comprensión, a tenrura, e a indignación... mentres fago a fotografía, dúas mulleres (mediana idade, roupa de marca... rubias de bote caro), ollan para virxe con devoción... mentres falan baixiño.
Procuro non molestar pero rebélome contra a ignorancia mentres recoñezo os escasos signos pagáns que aínda perduran, de cando o misterio era misterio.. e o sagrado era sagrado.... e que a Deusa nos asista...
Mondoñedo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

