Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

7/1/12

Barcelona, xaneiro 2012 - I





Hai cidades nas que a ollada se enche de cousas fermosas... máis aló do tópico, Barcelona garda espazos de luz e espazos de sombra nunha porcentaxe asombrosa. Unha non pode senón percorrela comparando á burguesía que a fixo medrar e ser o que hoxe albiscamos, coas xentes que non fixeron máis que destruír patrimonio paisaxístico a estoutro lado do mapa... sen apenas deixar nada digno ou orixinal tralo seu paso, logo de explotar ben explotados os recursos e a quen traballou para eles.

23/4/11

Antón Lamazares






Fun ver a exposición da obra de Lamazares que está estes días en Pontevedra... unha experiencia sensitiva, emocional, un agasallo...

27/1/11

Un poeta de voz hipnótica

Acudín á presentación dun libro de poemas dun poetapintor, dun pintorpoeta. Fuxo, en xeral, das presentacións de libros, como acto socioculturetademiramequeestouaquí. Gosto das presentacións sinxelas... aquí un poeta, aquí os meus poemas... Nas paredes da sala penduraban os libros-cadro de Baldo Ramos, exquisitos. A ferida de comprender, titúlase o poemario novo... hai nel moitos ecos... moito sentir a palabra tamén, e a vida toda.
"non é o tempo que pasa.
somos nós que desandamos
o baleiro que a súa perda
nos provoca"

14/1/11

A beleza ataca en calquera esquina....


A beleza agarda agochada en calquera recuncho... e atopala de forma inesperada non fai máis que agrandar en min esa sensación de insignificancia do que somos... perspectiva que cómpre non esquecer... ao tempo, medra a miña admiración pola capacidade de imaxinar que ten o ser humano, mesmo cando xa nada parece posible... Un achádego neste océano de miserias e de marabillas que é Internet... a páxina de Jacek Yerka... e as súas pinturas...


26/12/09