En tempos nos que a ultradereita madrileña máis perversa, pervertida e vergonzante ataca directamente ao profesorado de ensino primario coa finalidade oculta de privatizar as substitucións, despachándose a bolsa de interinos cun menosprezo inimaxinable, nas Cortes de Valencia (en comisión parlamentaria) invitan a unha profesora, cos pés na terra, a falar de fracaso escolar (cousa de por si bastante inaudita, o de que chamen a un docente a eses foros). É tan clara a súa exposición como evidente a incomodidade que esperta nos seus oíntes, os deputados e deputadas valencianos que a escoitan. Un vídeo que lle dá un bo repaso ao estado da educación neste país, que aquí non se salva ningunha CCAA... de obrigado visionado, e ata o final... un master para evitar o fracaso escolar, ou o que demo sexa iso.
En definición de Montalbano, tambasiàre: pasear de cuarto en cuarto sen propósito definido, ocupándose en miudezas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas
16/3/13
14/3/13
Defender o Ensino Público, con unllas e dentes, e con sentido do humor
Sentido do humor (negro), e algunha licencia, pero moi bo traballo a favor da Escola Pública, esta curta realizada por profesores y alumnos do CEIP Vicente Ferrer de Valderrobles (Teruel) en colaboración co IES Mantarranya. Parabéns! Dura vinte minutos, pero pagan a pena...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)