22/2/20

Cruzámonos

Cruzámonos ao longo da vida con persoas moi diversas, dalgunhas nin nos decatamos; outras parece que sempre van estar aí, que imos volver compartir con elas, en calquera momento,  a nosa mirada sobre o mundo: mañá non, pero ao mellor o mes que vén, ou dentro de tres meses; nin o pensamos porque non forman parte do círculo máis proximo, pero si son parte da parte de mundo que nos gusta... e resulta que non, que un día vanse sen avisar e déixanche unha fonda tristeza.

15/2/20

Xogos de infancia

Unha das lembranzas iniciais da miña infancia: véxome no patio de recreo das Carmelitas de León (chan de terra dourada); non teño máis de catro anos, e subo como unha moniña por unha estrutura curvada, de ferro pintado de vermello, estou boca abaixo... mirando para miña nai e meu irmán pequeno que agardan por min. Non teño medos... Esta nena volveu evocarme, como tantas veces fan as nenas nos parques, aquel momento...

7/2/20

Palmeiras ao ar

Ollándoas entendo perfectamente o significado do termo "lanzal". Jerez de la Frontera (Cádiz), nunha mañá luminosa de inverno.