Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas

26/6/11

A triloxía de Rosalie Blum

Un agasallo para os ollos, unha exquisitez que botarse á boca... uns libros para ter e revisar, como se teñen os bos poemarios. Porque esta Camille Jourdy, tan nova ela, afonda nos mundos da soidade e das relacións na sociedade actual, dunha forma tan lúcida, tan divertida... porque ten unha mirada tan incisiva e á vez tan doce, tan tenra... Porque se len con avidez, e deixan ganas de máis, de máis...
Porque é un exemplo da boa literatura que se está a editar en cómic...

3/7/10

"El caso del velo" ou cando o cómic acerta

Acabo de ler este "El caso del velo", vivamente recomendado polos meus "asesores" en banda deseñada, Mayte e Nanú.... Paréceme que este cómic tería que estar, obrigatoriamente, en todos os centros de ensino (ocórrenseme outras institucións nas que tamén deberían lelo de forma obrigatoria). Tería que poñerse como condición para aprobar as oposicións de Primaria ou de Secundaria (o mesmo que ver a cuarta temporada de The Wire).
Cando alguén é capaz de mostrar as situacións problemáticas das sociedades con este sentido do humor e este respecto ao que é respectable, é unha marabilla.

1/4/10

Xoves "neghro"

Día de lectura "negra". Remato de ler o primeiro título de Maj Sjöwall e Per Wahlöo, parella precursora, ao parecer, dos autores suecos de novela negra que me teñen quitado o sono nos últimos dous ou tres anos (e me teñen dado tantas satisfaccións). Roseanna lina dun "trago", pero gustándoa nos detalles: chanclos!!! daquela (principios dos 60) os suecos empregaban chanclos nos días de chuvia...impresionante, cantas lembranzas grises me trouxo a palabra... e non había móbiles, as comunicacións facíanse por teléfono fixo e desde cabinas... non había correo electrónico e os envíos desde EEUU - Suecia tardaban 10 días... ou sexa, outro mundo... eso o len os que teñen menos de trinta anos e non o entenden!!! Pero eu disfruteina ben...
Á tarde, papeime os dous primeiros títulos da serie RG do autor de cómic Prederik Peeters: Ryad-Sur-Seine e Bangkok-Belleville. Gustáronme. A colaboración cun policía, Pierre Dragon permite ao debuxante adentrarse no submundo das corruptelas, os traficantes de armas, diñeiro, drogas e persoas... entre outras lindezas... Ten detalles de tenrura sorprendente, como en "Píldoras azules" que tanto me gustara... En fin, día "negro" pero feliz, á saúde dos amigos que te agasallan con estas exquisiteces...