23/10/10

Un beso de esos...

Un beso de esos, de esos que valen
por toda la química de la farmacia...
Un beso de esos que ponen contento...
Mira que me gusta a min esta canción...


Ruper Ordorika

Escoito en Radio3 este novo disco de Ruper Ordorika... unha auténtica preciosidade...

10/10/10

Caneliñas

Xa vai aló máis dun ano, e aínda conservo fresca a sensación de estar fóra do mundo que vivín aquela tarde... nun recuncho agochado da costa onde só ficaban as ruínas do que fora unha grande factoría baleeira... tarde de néboa, de amizade, de silencio... e de melancolías...

7/10/10

E unha flor do monte...

Xuño na Ribeira Sacra... buscando lugares bonitos cun amigo (localizacións?). Unha nunca cansa de mirar...

O mar do Corgo



Un pouco máis ao sur... agosto na Punta do Corgo, en Corrubedo.... días de soidade e luz... non canso de mirar par ao mar... nin de escoitalo.


6/10/10

O mar de Pantín



Pero que fermosa estaba a praia de Pantín ese 8 de agosto... de hai nada... Un día fermoso tamén para a amizade e o disfrutar da luz... e esa forma de ser feliz coas cousas máis sinxelas... gosto de revisar as imaxes... para descansar os ollos.