2/3/22

Camiñar a area


 Non sei cantas cousas sana este camiñar pola area cando o mar está bravo...

Tarde luminosa de amizade e mar


 Volvín a camiñar pola costa da Barbanza cunha amiga esencial e única, á que me unen vivencias, querencias, palabras e silencios. Despois duns anos sen vérmonos, cada unha coa súa mochila un pouquiño máis chea, pero tamén máis libre dalgúns pesos innecesarios, vivimos xuntas unha tarde de luz e mar como tantas veces atrás, enchendo os pulmóns do aire vivificante que trae o Atlántico, agatuñando polas penas como cabuxas.