4/3/09

Barcelona dous



Gosto de pasear por eses espacios abertos á luz, á caza de lectores.



Visita a Barcelona


Un paseo polo "mercado da Boquería", unha festa de cores, unha galopinada....
Foron tres días en Barcelona, dous adicados ás Bibliotecas Escolares, en toda a súa intensidade, en toda a súa complexidade... fermoso encontro con xentes que traballan polo mesmo que traballo eu, con educadores (especialmente elas) e bibliotecarios (tamén especialmente elas), aínda que as circunstancias sexan distintas e os problemas diversos... a procura é común e iso une e vincula. Amizade en construción.
Barcelona estaba fermosa... fiquei con fame de volver...