Mostrando entradas con la etiqueta beleza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta beleza. Mostrar todas las entradas

19/3/12

Apenas un instante...

É apenas unha luz presentida, un instante, un aviso de que "aí" hai algo, e entón enfoco e oprimo o disparador... Non é perfecta seguramente, pero é unha percepción miña detida no tempo... esa conexión con outras imaxes vividas, esas asociacións ás veces ocultas, ás veces evidentes para min xa desde o inicio... Neste caso foi a nube reflectida na auga a que me moveu a disparar, pero agora vexo esas árbores trémulas e paréceme unha pintura, unha acuarela na lámina de auga do río Ulla, a recoller a luz da tarde... e non me decepciona...

12/2/12

Granada - II











Foron días para camiñar e vivir a beleza, a historia, a "lectura en familia", a amizade, o traballo... compartir soños, querencias e proxectos... e Granada era un fervor de xente polas rúas e unha serra nevada vixiando...

23/1/12

7/1/12

Barcelona, xaneiro 2012 - I





Hai cidades nas que a ollada se enche de cousas fermosas... máis aló do tópico, Barcelona garda espazos de luz e espazos de sombra nunha porcentaxe asombrosa. Unha non pode senón percorrela comparando á burguesía que a fixo medrar e ser o que hoxe albiscamos, coas xentes que non fixeron máis que destruír patrimonio paisaxístico a estoutro lado do mapa... sen apenas deixar nada digno ou orixinal tralo seu paso, logo de explotar ben explotados os recursos e a quen traballou para eles.

18/12/11

Outono na Ribeira Sacra - II




Enchéranseme os ollos aquel día de todas as cores que van do verde ao ocre, e volven... O ciclo de vida-morte-vida manifestándose en cada curva, en cada valado, en cada recuncho, en cada socalco... e na pedra, inmóbil, o trasno que agarda...

11/12/11

Branco sobre negro

A imaxe saíume zen demais, pero é o que había... unha impresión de luz sobre area negra, dous mundos que se engarzan... e as pedras a brillar nun instante... El Puerto de Santa Cruz nun día de temporal e de soidades...

7/9/11

Apenas un fío...




Ser pouco máis ca un fío de materia, pero un fío fermoso, que reflicta a luz con agradecidos matices, e despois dunha breve camiñada, deixarse ir, sen facer ruído, sen lastimar, sen montar barullo, sen facer ghasto... abandonarse e desaparecer...


4/9/11

Luz de setembro





Ese primeiros días de setembro, cando a luz se deita un pouco e todo resulta doce e suave, agás esas lembranzas que feren e a realidade social e laboral que indigna... tarde para camiñar e disfrutar en amizade...

17/7/11

Felicidade

Descubro o blog de Alicia Varela... unhas ilustracións exquisitas. Un placer as súas mulleres, as súas mulleres lectoras, especialmente.

26/6/11

A triloxía de Rosalie Blum

Un agasallo para os ollos, unha exquisitez que botarse á boca... uns libros para ter e revisar, como se teñen os bos poemarios. Porque esta Camille Jourdy, tan nova ela, afonda nos mundos da soidade e das relacións na sociedade actual, dunha forma tan lúcida, tan divertida... porque ten unha mirada tan incisiva e á vez tan doce, tan tenra... Porque se len con avidez, e deixan ganas de máis, de máis...
Porque é un exemplo da boa literatura que se está a editar en cómic...

4/5/10

Primavera ourensá






Un día para non pensar... só para sentir... aire, luz, color, texturas, aromas, o cuco na fraga.... e uns meniños a xogar preto... a vida renacendo.

19/2/09

Unha estrada de montaña, un coche, unha amiga, unha ladeira chea de almendros en flor, un aire cálido, unha paz... e máis nada.
Gran Canaria, xaneiro 2009


5/5/08

Qué descansada vida...


... la del que huye del mundanal ruido

y sigue la escondida

senda, por donde han ido

los pocos sabios que en el mundo han sido...

Fray Lúis de León

Rincón zen para días críticos.

4/1/08

Sobre a beleza

"Si algo nos salvará, será la belleza."
Ettore Sottsass, deseñador italiano falecido recentemente, citado no obituario de El Pais (03/01/08)