23/11/12

Fetiches

León, 4/11/2012, nunha mañá fría e gris
Pois mira que ben... e todo isto de onde saíu???? !!!!
Paréceme a min que o bo do home non estaba moi conforme coa toma da fotografía...

10/7/12

Os zocos de Elena Ferro

Moito me gustan estes zocos de Elena Ferro, moza de Merza (Vila de Cruces), filla de zoqueiro, metida a zoqueira...  pero os meus, meus, aínda están por facer... unha, que ten os pés delicados... agora que en setembro caen, vermellos e con lazo bonito (os da foto tiñan demasiado tacón). Pero teño que ir ao taller e de paso, a ver se me deixa facerlle unhas fotos...

8/7/12

Mercado en Escairón

Un pouco de mel, uns ovos, unhas ameixas da horta... era domingo e había mercado en Escairón, provincia de Lugo... alí estaba a paciencia personificada baixo o quitasol azul... muller nova en zona que esmorece... elas seguen aguantando do mundo...

19/3/12

Apenas un instante...

É apenas unha luz presentida, un instante, un aviso de que "aí" hai algo, e entón enfoco e oprimo o disparador... Non é perfecta seguramente, pero é unha percepción miña detida no tempo... esa conexión con outras imaxes vividas, esas asociacións ás veces ocultas, ás veces evidentes para min xa desde o inicio... Neste caso foi a nube reflectida na auga a que me moveu a disparar, pero agora vexo esas árbores trémulas e paréceme unha pintura, unha acuarela na lámina de auga do río Ulla, a recoller a luz da tarde... e non me decepciona...

Moraima



En Granada, nunha noite fría de xaneiro, paseando ao Albaicín, atopei este mirador de Morayma e lembrei un dos poemas que máis me gustan de Celso Emilio Ferreiro:

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando querro morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non dicir Moraima.

Por terras rosalianas...

Tarde de primavera por terras de Padrón: as pesqueiras da lamprea, Santa María de Herbón, esa fermosa igrexa románica aínda descoñecida para min... O Ulla baixaba quedo e o sol quentaba a modo... todo placidez para un día de agasallo...

14/2/12

"alguien tiene que limpiar"

Atenas, 12/02/2012
Fin y principio
Después de cada guerra
alguien tiene que limpiar.
No se van a ordenar solas las cosas,
digo yo.

Alguien debe echar los escombros
a la cuneta
para que puedan pasar
los carros llenos de cadáveres.

Alguien debe meterse
entre el barro, las cenizas,
los muelles de los sofás,
las astillas de cristal
y los trapos sangrientos.

Alguien tiene que arrastrar una viga
para apuntalar un muro,
alguien poner un cristal en una ventana
y la puerta en sus goznes.

Eso de fotogénico tiene poco,
y requiere años.
todos los cámaras se han ido ya
a otra guerra.

A reconstruir puentes
y estaciones de nuevo.
Las mangas quedarán echas jirones
de tanto arremangarse.

Alguien con la escoba en las manos
recordará todavía cómo fue.
Alguien escuchará
asisntiendo con la cabeza en su sitio.
Pero a su alrededor
empezará a haber algunos
a quienes les aburra.

Todavía habrá quien a veces
encuentre hierbajos
argumentos mordidos por la herrumbre,
y los lleve al montón de la basura.

Aquellos que sabían
de qué iba la cosa
tendrán que dejar su lugar
a los que saben poco.
E incluso prácticamente nada.

En la hierba, que cubra
causas y consecuencias,
seguro que habrá alguien tumbado
con una espiga entre los dientes,
mirando las nubes.
Wislawa Szymborska

É o certo é que pasará, si... e os fotógrafos irán a outra guerra... e a xente, despois de limpar, seguirá vivindo, inda que sexa miserablemente... ¿ou están a romper os esquemas que coñeciamos ata o momento???

12/2/12

Granada - II











Foron días para camiñar e vivir a beleza, a historia, a "lectura en familia", a amizade, o traballo... compartir soños, querencias e proxectos... e Granada era un fervor de xente polas rúas e unha serra nevada vixiando...

23/1/12

7/1/12

Barcelona, xaneiro 2012 - I





Hai cidades nas que a ollada se enche de cousas fermosas... máis aló do tópico, Barcelona garda espazos de luz e espazos de sombra nunha porcentaxe asombrosa. Unha non pode senón percorrela comparando á burguesía que a fixo medrar e ser o que hoxe albiscamos, coas xentes que non fixeron máis que destruír patrimonio paisaxístico a estoutro lado do mapa... sen apenas deixar nada digno ou orixinal tralo seu paso, logo de explotar ben explotados os recursos e a quen traballou para eles.