Mostrando entradas con la etiqueta primavera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primavera. Mostrar todas las entradas

19/3/20

Primavera estraña


Estas floriñas pequenas alegran unha esquina da maceteira mentres o resto aínda está espreguizándose. Ao mirar para fóra, nesta primavera estraña, a mirada pousa nos gromos que pulan por abriren, nas follas novas das árbores urbanas que comezan a verdear, e andan despistadas con tanto silencio.

19/3/11

A primavera que o sangue altera...



Fermoso día para pasear á beira do mar... e deixarse asolagar pola luz primaveral... sentir o corpo vivo mentres camiñas...agradecer o sol que quenta mainiño... as palabras amigas, que che abren vías de pensamento novas... e alegrarte con esa chamada desde outra beiramar, porque te lembran...


18/5/10

Primavera ourensá - II





Fiestras ao ar, flores de maio, pedra sobre pedra (ha de quedar), soidade... e a vida que agroma, sen facer caso, por calquera recuncho...

4/5/10

Primavera ourensá






Un día para non pensar... só para sentir... aire, luz, color, texturas, aromas, o cuco na fraga.... e uns meniños a xogar preto... a vida renacendo.

24/3/08

Primavera xogando ao despiste

Despistada está a paxarada... despistados todos neste ir e vir incesante, nesta confusión... e eu con gana de perderme nun lugar incerto onde ninguén me atope, desconectada do mundo, só a ler e rumiar e aprender novamente a mirar...