30/4/11

Floriñas

Elas estaban aí, diminutas, sen se inmutaren, sen se dar importancia ningunha, agarimándose unhas ás outras, na súa fraxilidade...

27/4/11

Morreu un poeta... outro... ogallá nazan mil, porque é preciso...


Los días van tan rápidos en la corriente oscura que toda salvación...

Los días van tan rápidos en la corriente oscura que toda salvación
se me reduce apenas a respirar profundo para que el aire dure
en mis pulmones
una semana más, los días van tan rápidos
al invisible océano que ya no tengo sangre donde nadar seguro
y me voy convirtiendo en un pescado más, con mis espinas.
Vuelvo a mi origen, voy hacia mi origen, no me espera
nadie allá, voy corriendo a la materna hondura
donde termina el hueso, me voy a mi semilla,
porque está escrito que esto se cumpla en las estrellas
y en el pobre gusano que soy, con mis semanas
y los meses gozosos que espero todavía.
Uno está aquí y no sabe que ya no está, dan ganas de reírse
de haber entrado en este juego delirante,
pero el espejo cruel te lo descifra un día
y palideces y haces como que no lo crees,
como que no lo escuchas, mi hermano, y es tu propio sollozo allá
en el fondo.
Si eres mujer te pones la máscara más bella
para engañarte, si eres varón pones más duro
el esqueleto, pero por dentro es otra cosa,
y no hay nada, no hay nadie, sino tú mismo en esto:
así es que lo mejor es ver claro el peligro.
Estemos preparados. Quedémonos desnudos
con lo que somos, pero quememos, no pudramos
lo que somos. Ardamos. Respiremos
sin miedo. Despertemos a la gran realidad
de estar naciendo ahora, y en la última hora.

De “Contra la muerte”. Gonzalo rojas

23/4/11

Libros, libros...


Berlín, verán do 2007... un libreiro de vello que se parecía a X.L., amigo sempre, por moi alonxado que estea xa... Últimamente vexo que hai moita xente a facer fotos de libros, de xente lendo, de librerías... do libro como obxecto... non sei se estaremos nostálxicos de máis... mentres se nos vai a forza na añoranza polos libros... estes deixan de ter presenza real na vida cotiá... fóra dese escaso 20% de lectores frecuentes (realmente frecuentes), que segue imperturbable... e medomedá mirar para as mesas de novidades, ou para a lista de libros máis vendidos...

En fin... mentres tanto... eu vivo estes días en "El país de las mujeres", un agasallo que tiven hai pouco... divertido cando menos, por momentos... recupero con esta novela a Gioconda Belli, da que xa cansara hai un tempo (máis da narrativa que da súa poesía...), e fago unha lectura desas adolescentes, da que tanto gosto... esa lectura voraz, emocional, pasando por alto as alertas que se me levantan sobre calidade, superficialidade, oportunidade, comercialidade, librosparamulleresquelen, etc., etc...

Antón Lamazares






Fun ver a exposición da obra de Lamazares que está estes días en Pontevedra... unha experiencia sensitiva, emocional, un agasallo...

21/4/11

Capela kitsch...





Capela da Virxe de Lourdes, 19 de abril de 2011, Viveiro city.



Ou sexa, se non podemos ir a Lourdes, montamos unha sucursal no medio e medio da vila... non sexa que alguén quede con ghanas...



Cando vexo estas cousas, o meu ánimo anda confuso entre a respecto, a comprensión, a tenrura, e a indignación... mentres fago a fotografía, dúas mulleres (mediana idade, roupa de marca... rubias de bote caro), ollan para virxe con devoción... mentres falan baixiño.



Procuro non molestar pero rebélome contra a ignorancia mentres recoñezo os escasos signos pagáns que aínda perduran, de cando o misterio era misterio.. e o sagrado era sagrado.... e que a Deusa nos asista...

Mondoñedo...

Baixei do coche e nada más botar a ollada, alí o vin... saíra dun dos seus contos, un feirante máis... agardando... Mondoñedo, 19 de abril de 2011... coma se o tempo ficase detido...

Somos o que soñamos...






Prégolle, señor Merlín, que non me abandonen nunca as ganas de fabular...

10/4/11

un gran plan quinquenal!!!!




Perdonen que non me levante hoxe... que se o fago vai ser cun plan quinquenal semellante a este... e estouno decidindo.... (preciosas as cancións deste grupo, Manel... que me lembran ao Sisa un pouco, frescas, felices, cunha gran pizca de ironía, intelixentes, cheas de humor.... ou sexa, o que precisamos...)