
Ler en calquera sitio, en calquera momento, mentres os guiris deciden se suben ou non... para conter a náusea, para non perder o tempo ou matalo definitivamente. Ler.
En definición de Montalbano, tambasiàre: pasear de cuarto en cuarto sen propósito definido, ocupándose en miudezas
Berlín ficará na miña memoria inzada de bicicletas, de xentes tranquilas lendo en calquera recuncho, nos parques, nas escaleiras, nas terrazas... Lembrando este momento roubado, a mente, ese mono tolo, salta a Portugal e á voz doce de João Afonso, e daquel xixonés, David, carteiro en bicicleta de verdade... enamorado dos contos.
Entre Samos e Triacastela, un pobo á beira da estrada.... fermosísima arquitectura popular en abondono, destrozos, "feísmo" en estado puro... e a carón dunha fermosa porta cangada de anos, o sinal dun neno, dunha nena???, que xoga e medra nun país que xa non é.... Xuro por Santa Catalina de Siena, se fai falta, que non é unha perfomance.