interésame a realidade
que aínda non saben comprender.
Baldo Ramos. A ferida de comprender
En definición de Montalbano, tambasiàre: pasear de cuarto en cuarto sen propósito definido, ocupándose en miudezas
Acudín á presentación dun libro de poemas dun poetapintor, dun pintorpoeta. Fuxo, en xeral, das presentacións de libros, como acto socioculturetademiramequeestouaquí. Gosto das presentacións sinxelas... aquí un poeta, aquí os meus poemas... Nas paredes da sala penduraban os libros-cadro de Baldo Ramos, exquisitos. A ferida de comprender, titúlase o poemario novo... hai nel moitos ecos... moito sentir a palabra tamén, e a vida toda. Omar Jayyam. Cuarteta 208
De pequena, gustábanche... atraíache a cor do veludo, con aqueles brillos nas partes máis gastadas polos xeonllos da túa tía... asombrábache que, non estando ela, ninguén se atrevese a collelo e utilizalo... abraiábache que naquela pequena igrexa de aldea, cada casa tivese o seu reclinatorio...alí postos todos xuntiños mirando para o altar, e só ao final, unhas vellas bancadas para os homes e os rapaces... escangalladas e escuras...
En versión de Adriana Calcanhoto... que ben soa e que ben vén... que fresca esta canción e que linda na súa voz...

Mercedes Sosa canta a Mª Elena Walsh... non atopo lembranza mellor neste momento en que a poeta cantora se nos foi de bolos... As súas cancións, os seus poemas, poden perfectamente conectar cos nenos e coas nenas de hoxe, pero témoslles que dar a oportunidade de que a coñezan...