30/12/10

Noite de Nadal


Que quentiño se estaba alí... mentres toda esa xente que enchera a casa naquela noite rara non facía máis que chamarme e pasarme a man polo lombo... afortunadamente, atopei un albornoz enriba da cama de Ela e esquecéronme por un tempo....

2 comentarios:

Maribel dijo...

…tempo que empreguei en lavarme a pelaxe concienzudamente para sacar de enriba os moitos arumes mesturados que as súas mans me deixaron : xabróns de arrecendos doces, xeles chocolateados, perfumes intensos que non son o de Ela. O dela, no que me envolvo neste seu albornoz namentras non volve a min; namentras esas voces, eses arumes, eses risos sigan invadindo o noso territorio. Cando marchen cos seus risos, arumes e voces, cecais agarde aquí a que me busque e me tranquilice coa súa voz. Ou cecais sexa eu quen a busque e volva refregar a miña meixela contra as súas pernas para deixarlle o meu propio arrecendo, aquel que di “es a miña compañeira de territorio, e quérote”

novoa dijo...

:)