30/12/10

Eses espazos nos que un día fuches feliz... eses paraísos perdidos... unidos a determinadas lecturas, a determinadas músicas, a imaxes concretas... xa para sempre... e esa chuvia nos cristais...

Noite de Nadal


Que quentiño se estaba alí... mentres toda esa xente que enchera a casa naquela noite rara non facía máis que chamarme e pasarme a man polo lombo... afortunadamente, atopei un albornoz enriba da cama de Ela e esquecéronme por un tempo....

20/12/10

João Afonso - Carteiro em Bicicleta


Vai o carteiro en bicicleta e canda el vai a lembranza, o soño, os contos daqueles días, os amores imposibles, o xogo, a ledicia de sentirse viva...

13/12/10

Liliana Felipe

Non coñecía a esta muller, e foi pena non saber dela ata o de agora... porque é ben divertida... por dicir algo...