23/4/11

Libros, libros...


Berlín, verán do 2007... un libreiro de vello que se parecía a X.L., amigo sempre, por moi alonxado que estea xa... Últimamente vexo que hai moita xente a facer fotos de libros, de xente lendo, de librerías... do libro como obxecto... non sei se estaremos nostálxicos de máis... mentres se nos vai a forza na añoranza polos libros... estes deixan de ter presenza real na vida cotiá... fóra dese escaso 20% de lectores frecuentes (realmente frecuentes), que segue imperturbable... e medomedá mirar para as mesas de novidades, ou para a lista de libros máis vendidos...

En fin... mentres tanto... eu vivo estes días en "El país de las mujeres", un agasallo que tiven hai pouco... divertido cando menos, por momentos... recupero con esta novela a Gioconda Belli, da que xa cansara hai un tempo (máis da narrativa que da súa poesía...), e fago unha lectura desas adolescentes, da que tanto gosto... esa lectura voraz, emocional, pasando por alto as alertas que se me levantan sobre calidade, superficialidade, oportunidade, comercialidade, librosparamulleresquelen, etc., etc...

1 comentario:

Loli Tetares dijo...

Hola amiga, no quería dejar pasar este día sin desearte un feliz y lector día del libro, aunque no sea este nuestro favorito. Un beso grande.