20/5/20

Apenas catro meses atrás...


Unha tarde de xaneiro, aínda no descanso do inverno, pasei unha tarde de chuvia na casa, xogando coa cámara, na aventura de buscar unha imaxe para unha actividade, que puidera representar a diversidade, a alegría, a colaboración, os matices, o protagonismo de mulleres valentes, a cohesión, o analóxico máis aló do dixital, a innovación nas cousas sinxelas pero eficaces... e houbo cartel e difundiuse... e logo veu o GRAN PARÓN, e aló foi todo...  pero ninguén me quita esa tarde de pracer e descubertas.

No hay comentarios: